Turismo Rural | Quilmas. Carnota

Próximamente na Costa da Morte, máis concretamente na zona de Quilmas en Carnota (Galicia) a carón das faldas do monte Pindo e frente as illas Lobeiras, nace un novo establecemento de Turismo Rural como resultado da rehabilitación dunhas edificacións tradicionais de pedra e madeira con varios volúmenes formando todo un conxunto.

O novo establecemento turístico contará con sete cuartos dobres con baño incluido distribuidos en dúas prantas ademais de varias zonas comúns para o esparcemento dos huéspedes tanto no interior como nos exterior.  

Así por exemplo, o interior dun dos volúmenes anexos estará reservado para a zona de ocio cun salón onde se servirán os almorzos matinais e se podrá disfrutar dun café a media tarde baixo a compañía dun piano de cola con música en vivo.

Mentres tranto, os exteriores estarán organizados en dúas zonas, por un lado, o patio dianteiro da edificación cun fermoso empedrado antigo de lousas graníticas, e por outro, a zona posterior que funcionará máis como terraza de tarde para disfrutar das postas de Sol no cabo Fisterra.

En definitiva, o nacemento diste novo establecemento pretende ser unha pequeno oasis para o descanso e o relax en plena natureza entre o mar e a montaña cun servizo elaborado cuidando en todo o momento os detalles e servindo o mesmo tempo como potenciador do entorno.

Quilmas,s/n.15295 Carnota | Costa da Morte | 42º 52´22.05´´ N   09º 08´27.16´´ O

 

 

 

Esta web utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario. Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información