Edificio Castelao | Corcubión

Despois de varios anos de trámites e xestións coas diferentes administracións implicadas na resolución do expediente da edificación situada na praza de Castelao,12 en pleno centro urbán de Corcubión | Costa da Morte por fin comenzamos as obras para executar as diferentes actuacións necesarias de adaptación do edificio a normativa urbanística vixente.

Finalmente optouse pola modificación da ficha individual do inmoble para poder realizar un local comercial en pranta baixa e sete apartamentos turísticos repartidos do seguinte xeito: 3 en pranta primeira, 3 en pranta segunda e 1 apartamento en pranta baixo cuberta ( ver planos).

As obras van a bo ritmo e está previsto que continuen de maneira contínua para poder ter rematado o edificio para primeiros de Xullo diste ano 2019.

As actuacións compren diversos traballos comenzando pola demolición da pranta baixo cuberta existente, a adecuación e modificación dos ocos en todas as fachadas (frontal, lateral e posterior), divisións interiores nas vivendas, instalación do ascensor, rampas e accesos o edificio etc.

Esperamos que finalmente academos un bo resultado que nos deixe contentos a tod@s.

 

Esta web utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario. Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información