Casa Insua | Corcubión

      

Vivenda unifamiliar de nova pranta entre medianeiras en construcción nun soar en esquina. Rúa Médico Vicente Fraguela,s/n. Corcubión | Galicia.

A edificación, aínda sendo de nova construcción, adáptase a unas condicións moi determinadas do planemento urbanístico como é a aliñación dianteira, o fondo edificable os soportais en pranta baixa ou a altura máxima ata a cornisa ou as augas e as pendentes da cuberta.         

A pesares dos condicionantes que sempre existen en todo proxecto, a idea estivo basada en facer unha vivenda moderna e actual reinterpretando elementos da nosa arquitectura popular como é a galería galega, para iso deseñamos uns grandes ventanais de vídrio para captar a enerxía do Sol aprobeitando a orientación Sur da edificación.       

Por outro lado, usamos cores e materiais tradicionais con outros máis actuais; así por exemplo, aparece a pedra granítica de mampostería en pranta baixa como continuación do muro da finca colindante combinado co formigón visto de pilares e vigas nos soportais; ou utilizamos a tella tradicional de barro cocido na cuberta co sistema SATE de aillamento térmico polo exterior nas fachadas.    

O programa da vivenda desenrólase en: pranta baixa, adicada a entrada, garaxe, lavandería e almacenaxe mentras que na pranta primeira e na pranta baixo cuberta adóptase un programa característico de vivenda unifamiliar con cociña-estar-comedor, 2 cuartos de baño, 2 dormitorios e unha sala de xogos.

A vivenda foi deseñada dende un punto de vista da eficiencia enerxética, cun alto grado de rendemento e un baixo custo en consumos.

 

 

Esta web utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario. Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información