Casa do Remo | Fisterra
Hoxe querémosvos mostrar un dos proxectos máis singulares realizados pola nosa oficiña de arquitectura en Fisterra | Costa da Morte. Trátase da rehabilitación dunha típica edificación mariñeira entre medianeiras de tan só 3,10 ml. de ancho tamén chamada tipolóxicamente "casa do remo" pois iste era o elemento usado para trazar a medida da vivenda.
Os traballos de rehabilitación trataron de manter en todo momento as dúas fachadas e os ocos existentes sen aumentar o volume, mantendo o caracter tradicional da fachada cara a rúa Santa Catalina e resaltando as vistas e a luz cara a fachada marítima do Porto de Fisterra.
A distribución interior de toda a vivenda está articulada entorno a unha nova escaleira ubicada na entrada da edificación a cal xenerou un oco interior que funciona a modo de pequeno patio levando a luz cenital que entra pola cuberta ata a pranta semisoto.
Por outro lado, unha das premisas máis importantes que tivemos dende os primeiros momentos do proxecto foi o mantenemento e a conservación de todos os muros de pedra existentes no interior da edificación, pois ademáis de axudarnos a explicar a evolución da construcción ó longo do tempo sirveunos para ubicar as diferentes estancias e así organizar os espazos interiores proxectados da nova vivienda.
Si queredes ver máis detalles sobre esta curiosa vivenda podedes continuar vendo o video que fixo o programa ¡Qué Casas! da Televisión de Galicia | TVG pinchando aquí.
Rúa Santa Catalina,03. 15155 Fisterra | Costa da Morte. Galicia 42º54´32.47´´ N 9º 15´44.64 ´´ O
ANO PROXECTO 2018 | FINALIZACIÓN 2022