Ascensor Vivenda | Tal. Muros
Hoxe traemos aquí este pequeno proxecto consistente na instalación dun ascensor polo exterior dunha vivenda unifamiliar aillada na zona do Barbanza, máis concretamente na vila de TAL en Muros | Galicia.
Comezamos dito proxecto fai xa un tempo pero despois dunha larga tramitación polas diferentes administracións (Concello, Demarcación de Costas, Xunta de Galicia. etc) fomos capaces de levalo a bo porto chegando no día de hoxe ó final das obras e a posta en funcionamento do mesmo.
Poucas veces tense tanta satisfacción ó rematar unha obra como cando ademais de recoñecerse o traballo estás a axudar a mellorar a calidade de vida das persoas, sobre todo cando son persoas maiores con problemas de mobilidade que necesitan axuda para acceder á súa vivenda e así poder salvar as barreiras arquitectónicas existentes.
Un bo exemplo de todo isto é a instalación deste ascensor nunha vivenda unifamiliar illada en TAL, Muros (A Coruña)
42º47´00.29´´ N | 009º00´00.88´´ O
FINALIZACIÓN OBRA: AGOSTO 2021