Panadería Germán | Fisterra
Foi todo un pracer participar na realización deste novo establecemento que a famosa e recoñecida Panadería Germán acaba de inagurar en Fisterra | Galicia.
A edificación está destinada na súa totalidade a venta-degustación de pan e café distribuida en 2 alturas; na pranta baixa, ubícase a zona de despacho e as escaleiras polas que se accede á pranta alta onde se sitúa a zona de mesas para o disfrute dos clientes.
Dende o punto de vista arquitectónico trátase da rehabilitación dunha fermosa edificación tradicional de mais de 200 anos de antigüedade de tipoloxía mariñeira denominadas "casas de remo" cunha xeometría rectangular estreita de pranta baixa e pranta primeira situada na Rúa Real, 8 en pleno corazón do Camiño de Santiago na vila do "Fin do Mundo".
Os traballos de rehabilitación estiveron enfocados principalmente en dúas liñas, por un lado, a adaptación dos espazos interiores ó novo uso proxectado de panadería-café, e por outro, a recuperación e limpeza dos materiais tradicionais tales como as pedras das fachadas e das paredes medianeiras así como a reposición e sustitución dos elementos estructurais de vigas e pontóns tanto en pisos e cubertas como nos entarimados dos forxados.
Sin duda, un magnìfico exemplo que combina a perfección a recuperación e posta en valor do noso Patrimonio Arquitectónico Galego co impulso de profesións artesanais en perigo de extinción tales como a dos Panadeiros no Medio Rural.
Noraboa a tod@s que forman parte de Panadería Germán en especial ó traballo de decoración e deseño de interiores realizado por José Germán López Valdomar pois sen a súa axuda sería difícil chegar a cantidade de detalles persoais e ó grado de calidade dos acabados que se conseguiron neste proxecto.
Rúa Real, 8. 15155 FISTERRA | Costa da Morte | GALICIA 42,9074403 N | -9,2630108 W
It was a pleasure to participate in the realization of this new establishment that the famous and well-known Panadería Germán has just inaugurated in Fisterra | Galicia.