O Refuxio de Paz | Carnota
Cando decimos "O refuxio de Paz" estámonos a referir a unha pequena edificación deseñada como segunda residencia estival e de fin de semana situada ó carón do Monte Pindo no concello de Carnota en plena Costa da Morte | Galicia.
A nosa intervención céntrase na rehabilitación e ampliación dista edificación de dimensións reducidas emprazada na mesma vila mariñeira de O Pindo moi próxima a praia, ista circunstancia fai que se encontre afectada parcialmente pola zona de Servidume de Protección de Costas que combinada coa aplicación da Normativa Urbanística Municipal de Carnota xenerou una situación singular que fixo por exemplo que a solución proposta de cuberta estivese totalmente condicionada e marcada por ditas leis.
A parte disto, a idea fundamental do proxecto foi a creación dun espazo central interior como volume principal da edificación dende o cal se perciben todas as estancias da vivenda.
Este espazo a doble altura ven definido pola pendente da cuberta e nel encóntrase en pranta baixa a zona de día formada por cociña-estar-comedor ademais dun baño e un dormitorio, mentres que no piso superior, ó cal se accede a través dunha vistosa escaleira recta pegada a un dos muros laterais de fachada e rematada por un balcón interior, situase un segundo dormitorio co seu correspondente baño.
Polo exterior, recupéranse os muros vistos de pedra granítica existente nas tres fachada da edificación mentres que as partes ampliadas remátanse con morteiro tradicional de cal e cemento para posterior pintado. Ademais redefínense as carpinterías e os ocos exteriores ós novos espazos creados sen perder o espírito orixinal e tradicional da edificación.
En definitiva, trátase dunha pequena aportación na recuperación do noso rico e numeroso patrimonio arquitectónico espallado por toda a xeografía Galega.
O Pindo | Carnota | Costa da Morte. Galicia 42º53´27.91¨ N | 9º08´06.31´´O
When we say "O refugio de Paz" we are referring to a small building designed as a second summer and weekend residence located next to Monte Pindo in the municipality of Carnota on the Costa da Morte | Galicia.
Our intervention focuses on the rehabilitation and expansion of this small building located in the same fishing village of O Pindo very close to the beach, this circumstance makes it partially affected by the Coastal Protection Easement area combined with the application of Municipal Planning de Carnota generated a singular situation that made for example that the proposed solution of cover was totally conditioned and marked by said laws.
Apart from this, the fundamental idea of the project was the creation of an interior central space as the main volume of the building from which all the rooms of the house are perceived.
This double-height space is defined by the slope of the roof and in it is on the ground floor the day area consisting of kitchen-living-dining room as well as a bathroom and a bedroom, while on the upper floor, which is accessed via a colorful staircase straight next to one of the side walls of the façade and topped by an interior balcony, there is a second bedroom with its corresponding bathroom.
On the outside, the exposed granite stone walls on the three façades of the building are recovered, while the enlarged parts are finished with traditional lime and cement mortar for later painting. In addition, the carpentry and exterior openings are redefined in the new spaces created without losing the original and traditional spirit of the building.
In short, this is a small contribution to the recovery of our rich architectural heritage spread throughout the Galician geography.
O Pindo | Carnota | Costa da Morte. Galicia 42º53´27.91¨ N | 9º08´06.31´´O