Supermercado Covirán | Fisterra

O plantexamento diste proxecto estivo basado principalmente en dúas premisas básicas. Por un lado, tíñamos o encargo de desarrollar unha estructura prefabricada en pranta baixa para ampliar a superficie do supermercado nese momento, duplicando así a súa capacidade inicial. Mentras por outro lado, e de forma paralela, encargóusenos o deseño interior e a decoración do supermercado no seu conxunto, dándolle así unha nova imaxe e un caracter máis actual a todo o negocio. 

Nesta segunda parte foi quizás onde máis empeño e ilusión puxemos por ser algo menos habitual para nós, e así, en cuestión de materiais, propuxemos un pavimento contínuo a base de resinas para eliminar xuntas, sendo máis fácil a súa limpeza e de mellor hixene ó mesmo tempo que imprime un caracter máis contemporáneo. A iluminación foi un capítulo que tampouco se quixo deixar de lado e optouse por un estudio minucioso de cada un dos elementos proxectados.

Outro aspecto que se tratou cuidadosamente foi a elección de tonos, cores e materiais escollendo o verde oliva e o amarelo toxo para as paredes e un falso teito en cor branca para darlle unha nova imaxe corporativa afincada no entorno natural mais inmediato.

Niste caso encargámonos dende o principio ata o final de todo o proceso constructivo sen olvidarse do mínimo detalle, todo ilo, por suposto, grazas a confianza dos clientes. O resultado para nós, non puido ser mellor.

Máis información en: https://es-es.facebook.com/people/Coviran-Fisterra/100008743298815

Rúa Coruña,36.15155 Fisterra | Costa da Morte  42º 54´ 37´´N  09º 15´ 46´´O

ANO FINALIZACIÓN  2017

Esta web utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario. Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información