Centro Polideportivo | Camelle

O obxeto diste anteproxecto consiste na cubrición da pista deportiva de Camelle, que na actualidade encóntrase en mal estado, para poder ser utilizada durante calquer estación do ano e non estar suxeita as inclemencias do tempo; así como, mellorala e dotarla de maiores equipamentos cunha edificación para albergar aseos, vestiarios e una sala polivalente.

O programa de necesidades e a distribución fixáronse tendo en conta a morfoloxía da parcela así como a ubicación da pista existente na actualidade.

A pista existente encóntrase encaixada na parte posterior da parcela ocupando nos seus laterais prácticamente a totalidade da parcela e lindando 3 dos seus extremos coas parcelas contiguas. Dada a ubicación da pista, proxéctase unha nova horientación, aprobeitando parte da pista ó mesmo tempo que se proxecta unha edificación para aseos, vestiarios e unha sala polivalente, tan necesaria para a práctica de outros tipos de actividades tipo ioga, pilates, ximnasia…etc, en definitiva, actividades dirixidas a cidadáns de tódalas idades e non exclusivamente ós máis xóvenes.

O acceso ó Centro Deportivo sería dende a fachada Oeste, no volumen esquerdo ubicaríanse os vestiarios, aseos e un almacén; e, no volumen dereito a aula polivalente; ó fondo, estaría a pista cunha cubrición de paneis grecados de cor combinados con algúns dos tramos traslúcidos para o paso da iluminación cenital.

A pista non está totalmente aberta, pois na mitade da fachada Sur ubícase un cerramento formado por paneis prefabricados de formigón e na parte superior dos laterais largos da pista, zona Norte e Sur, colocaránse pranchas de metacrilato como protección frente as inclemencias do tiempo. Mentras que no alzado Sur do Centro Deportivo, unha parte estaría pechada e a outra aberta a través dunha cuberta lixeira tipo pérgola para protexer esta zona das inclemencias meterolóxicas da zona.

Milleira do Medio, 17. 15121 Camelle | Camariñas. Localización 43º 10´ 28´´N   09º 05´ 35´´O | Ano Realización 2019

Esta web utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario. Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información