Casa Xenoveva | Fisterra

Hoxe querémosvos mostrar un dos proxectos máis singulares realizados pola nosa oficiña de arquitectura en Fisterra | Costa da Morte. Trátase da rehabilitación dunha singular edificación mariñeira entre medianeiras de tan só 3,10 ml. de ancho tamén chamada "casa do remo" pois iste era o elemento usado para trazar a medida da vivenda. 

Os traballos de rehabilitación trataron de manter en todo momento as dúas fachadas e os ocos existentes sen aumentar o volume, mantendo o caracter tradicional da fachada cara a rúa Santa Catalina e resaltando as vistas e a luz cara a fachada marítima do Porto de Fisterra.

A distribución interior de toda a vivenda está articulada entorno a unha nova escaleira ubicada na entrada da edificación a cal xenerou un oco interior que funciona a modo de pequeno patio para levar a luz cenital da cuberta a pranta semisoto.

Por outro lado, unha das premisas máis importantes que tivemos dende os primeiros momentos do proxecto foi o mantenemento e a conservación de todos os muros de pedra existentes no interior da vivenda, pois ademáis de axudarnos a explicar a evolución da edificación ó longo do tempo sirveunos para ubicar as diferentes estancias e así organizar os espazos interiores proxectados.

Rúa Santa Catalina,03. 15155 Fisterra | Costa da Morte. Galicia  42º54´32.47´´ N  9º 15´44.64 ´´ O

ANO PROXECTO 2018               

 

Esta web utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario. Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información