Morada Columbrinha

Este proxecto será o resultado da rehabilitación e ampliación dunha edificación existente de caracter tradicional situada na esquina da praza Xosé Carreras dentro do Casco Histórico de Corcubión en Costa da Morte.

A edificación estará destinada a vivenda unifamiliar en pranta primeira, segunda e baixo cuberta mentras a pranta baixa resérvase de momento para local libre e zona de entrada.

A rehabilitación céntrase principalmente no mantenemento da fachada principal formada por pezas de cantería granítica á vista, conservando os ocos e recuperando a balconada existente en pranta primeira así como parte do muro lateral de manpostería de pedra para posterior enfoscado e pintado. 

Na ampliación proxéctase unha segunda pranta con galería de estilo tradicional como remate da fachada principal sobre o balcón existente na pranta inferior, mentras que na fachada lateral e posterior distribúensen novos ocos de caracter vertical que no caso das prantas térreas disporase dunha dobre pel en forma de recubremento contínuo combinado con portas corredeiras en aceiro corten para cubrir necesidades de seguridade ó mesmo tempo que tratamos de conseguir unha imaxe máis neutra e integradora coa contorna.

Polo interior, a vivenda organízase a través dunha escaleira central de tres tramos cun oco reservado para o futuro ascensor como elemento principal de comunicación da edificación a cal se accede dende o exterior pola fachada lateral organizando así as diferentes estancias por prantas en zona de día e zona de noite. 

Na zona de noite, as habitacións están distribuidas nas duas primeiras prantas ocupando a fachada principal utilizando o balcón e a galería mentras a zona de día formada principalmente polo estar-comedor a e a cociña ábrense hacia o xardín posterior e a orientación Sur-Oeste.

A vivenda unifamiliar plantexada disporá dunha segunda escaleira interior para comunicar as zonas de día situadas na fachada posterior creando un espazo a dobre altura entre a pranta segunda e a pranta baixo cuberta ó mesmo tempo que permite compartir e sectorizar a vivienda en dúas zonas diferenciadas e así poder ser utilizadas de maneira independente según as necesidades de cada momento.

En definitiva, preténdese realizar unha actuación o máis respetuosa posible co entorno histórico sin renunciar ós estandares máis actuais de confort, eficiencia enerxética e calidade.

Praza Xosé Carreras,01. 15130 Corcubión | Costa da Morte, Galicia.  42.944459 N   |  -9.193890 W

ANO DO PROXECTO 2020

Esta web utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario. Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información