Ascensor Vivenda | Tal. Muros

Hoxe traemos aquí este pequeno proxecto consistente  na instalación dun ascensor  polo exterior dunha vivenda unifamiliar aillada na zona do Barbanza | Galicia.

Comezamos dito proxecto fai xa un tempo pero despois dunha larga tramitación polas diferentes administracións (Concello, Demarcación de Costas, Xunta de Galicia. etc) fomos capaces de levalo a bo porto chegando no día de hoxe ó final das obras e a posta en funcionamento do mesmo.

Poucas veces tense tanta satisfacción ó rematar unha obra como cando ademais de recoñecerse o traballo estás a axudar a mellorar a calidade de vida das persoas, sobre todo cando son maiores con problemas de mobilidade que necesitan axuda para acceder á súa vivenda e así poder salvar as barreiras arquitectónicas existentes.


Un bo exemplo de todo isto é a instalación deste ascensor nunha vivenda unifamiliar illada en Tal, Muros (A Coruña)

 

42º47´00.29´´ N  |  009º00´00.88´´ O

FINALIZACIÓN OBRA:  AGOSTO  2021

Esta web utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario. Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información